A obsesión por ter a pel blanca

Ola, son Eloy, membro dunha clase dun instituto a que apodamos « As Xoaniñas ».

Hoxe veño a falar sobre un tema que me impresionou moito, un estereotipo tan anticuado que moitas persoas xa o consideran erradicado das nosas mentalidades.

Hai máis de cen anos, as persoas que pertencían á aristocracia ou á burguesía tiñan como moda levar a pel branca, para diferenzarse dos campesiños, que debido ao seu traballo, eralles imposible adoptar ese ton de pel. Na actualidade, xa non está de moda levar a pel pálida, xa que non importa a que clase social pertenzas e podes ir o moreno ou pálido que consideres.

Pero en Filipinas, non é así.

Según as estadísticas, o 70% das mulleres filipinas utilizan cosméticos a diario para aclararse a pel, gastando o 25% do seu soldo en tales fines. Moitos homes, no traballo e na praia, poñen máscaras que ocultan a súa cara para que os raios do sol non cheguen a tocar un só centímetro da súa pel.

Pero o máis preocupante é o que pensan moitas persoas, cómo o que di un especialista en desarrollo social: « Los que tienen la piel oscura, quemada por el sol, eran campesinos que trabajaban en la montaña. Sólo los suficientemente ricos, en este caso los españoles, podían permitirse el lujo de quedarse en casa, protegidos del sol, mientras sus empleados se asaban trabajando los campos de arroz. La piel blanca es percibida como algo noble y aristocráticico.

Na publicidade aparecen modelos e actrices completamente blancas e sin unha soa arruga ou marca, cousa que é imposible de obter.

De verdade temos que deixar que tales esteriotipos sigan nas nosas mentalidades? Fai máis de cen anos que esta moda enfermiza non se pon de manifesto, é unha moda que só sirve para dividirnos.

Nada ten de malo traballar nun campo de arroz e estar moreno, tampouco deberíamos deixarnos influenciar por tantas modelos e actrices que fan o imposible por agradar as demáis persoas. Probablemente dentro de 25 anos, se a moda cambiara e as mulleres e homes se deran conta de que gastaron moitísimos cartos en facer estos tratamentos, mirarían a súa pel e apenas percibirían ningún cambio de cor, porque a publicidade é simple publicidade e unha crema non te vai volver blanco derrepente.

Non deveríamos deixarnos influenciar por simples anuncios de propaganda, nin por estereotipos anticuados e absurdos, deberíamos ser nos mesmos e gustarnos como somos, que para algo somos persoas, non unha caixa de colorete.